Monday 29 de April de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 26 de maio de 2022


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 26 de maio, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación acta anterior (10 de novembro de 2021).

2. Proposta da alcaldía para o apoio á moción presentada polos presidentes das xuntas reitoras das comunidades de monte veciñal en man común Barbanza de Posmarcos e Barbanza de Lesón respecto da iniciativa lexislativa popular presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM). Foi exposta por Lorena Muñiz Sampedro, representante da comunidade de montes. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).

3. Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/22 e modificacións de subvención nominativa. Aprobada por unanimidade.

4. Aprobación de recoñecemento extraxudicial de créditos n°02/22. Aprobada por unanimidade.

5. Proposta do grupo municipal do PP relativa ás naves dos Areos. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

6. Proposta do grupo municipal do PP relativa ao novo centro de saúde. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso ao seguinte asunto de urxencia.

1. Proposta da alcaldía sobre corrección dos proxectos ao abeiro do POS+2022. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta por unanimidade.

Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.